_-_copia.png)
O obxectivo desta fase do reto é adicar uns minutos a reflexionar e debater sobre o aprendido: sobre as cousas que saíron moi ben e tamén sobre aquelas nas que houbo dificultades ou que non saíron como estaba previsto.
É importante que fagades unha valoración do proceso e da vosa experiencia neste reto de coñecer a Prehistoria a través dunha exposición.
Talvez no futuro moitos e moitas de vós queirades ser arqueólogas/os como Elba, ou estudar Historia como o profesor Paco.