5.1. Como saiu a exposición?

Chegados a este punto, toca botar a vista atrás e lembrar cales eran os obxectivos e o plan para facer esta exposición.

Acadamos os obxectivos?

Pregunta

Ao longo da preparación deste reto descubrín que...

Respostas

Coñecía algunhas cousas sobre a Prehistoria e grazas a este traballo agora xa sei un pouco máis

Coñecía algunhas cousas sobre a Prehistoria e grazas a este traballo agora xa sei bastante máis.

Coñecía algunhas cousas sobre a Prehistoria e grazas a este traballo agora xa sei moitas cousas máis.

Retroalimentación

Pregunta

Grazas a estudar os obxectos das nosas caixas coñecín que...

Respostas

Calquera obxecto, incluso aqueles que teñen un uso máis cotián, como unha simple agulla ou un canto tallado, pode servir como unha valiosa fonte arqueolóxica para axudarnos a coñecer mellor o pasado.

Fai falla unha equipa de gran variedade de investigadores para poder estudar en profundidade estes obxectos.

Un proceso rigroso de catalogación dos obxectos axúdanos a coñecelos e difundilos mellor. 

Retroalimentación

Pregunta

A Prehistoria foi o período máis longo da historia da Humanidade e non foi ser unha etapa homoxénea, senón que diferenciamos...

Respostas

Un longo período chamado Paleolítico, durante o que se sucederon e conviviron diferentes especies humanas.

Como co Neolítico o ser humano muda a súa relación co medio ambiente, animais e plantas, modificando radicalmente a vida natural na Terra.

Que as diferenzas de enxoval comúns durante a Idade dos Metais se corresponden cunha maior diferenciación social en tarefas e en riqueza.

Retroalimentación

Pregunta

Planificar e elaborar unha exposición rigorosa esixe un grande esforzo e a colaboración de todo o grupo. Cal dirías que foi a túa parte preferida neste proceso?

Respostas

A catalogación das obras. Aprendín tanto nesta fase!

A planificación da exposición no noso centro. Pensar e transformar o noso espazo diario foi fantástico!

A divulgación da nosa exposición. Nunca esquecerei as risas que botamos cando fixemos...

Retroalimentación

Pregunta

O noso traballo non só nos permitiu aprender senón tamén ensinar aos demais. O alcance da nosa exposición fixo que mellorase o coñecemento da Prehistoria...

Respostas

En todo o alumnado do noso centro

Toda a comunidade educativa do noso centro: alumnado, profesorado, persoal...

 Non só dentro do noso centro, senón tamén xente da nosa contorna que coñeceu a nosa actividade.

Retroalimentación

Que pensades vós?

Diana valoración

Para saber cal é a valoración de todos e todas vós sobre a nosa exposición da Prehistoria, e tamén dos e das que participaron na consecución deste reto, cubriredes a seguinte diana de valoración.

Atentos/as ás indicacións do profe Paco ao repartir estas dianas. 

Tranquilidade, non poñen nota!

Acceso á diana en formato PDF

Acceso á diana en formato editable.

Que pensan os visitantes?

Agora toca revisar as dianas de valoración que cubriron os alumnos e alumnas que visitaron a exposición.

Representación de opinións diversas

Ides realizar un debate no voso grupo no que trataredes os seguintes puntos:

  • Cal foi a valoración xeral?
  • Que características da vosa exposición podedes mellorar?
  • Cal foi o punto forte da vosa exposición?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)