6.- O solo:


Está formado por rochas, terra, area, restos de seres vivos, auga e aire. Os restos dos seres vivos que se van depositando na capa máis superficial forman o humus. Así se un chan presente abundante humus, auga e aire dise que é un solo fértil, no que poden medrar facilmente un gran número de plantas; mentres que se hai unha gran carencia de humus, ou auga ou aire dise que é un solo pobre ou moi pobre onde so as plantas máis adaptadas e resistentes poden vivir.

Se analizamos o solo dende a superficie ao interior atopamos tres capas:

➀ Superficial ou superior: formada por area, terra e humus.
➁ Intermedia: predomina a area, a terra e as rochas.
➂ Inferior: formada por grandes rochas.

A

L