4.- A xeosfera:
É a parte sólida da Terra. Parte da xeosfera atópase baixo os océanos, son os fondos mariños e a outra parte emerxe formando os continentes e illas.
Ten tres partes: codia, manto e núcleo.➀ A codia: é a parte máis externa e está composta por materiais sólidos. Nalgunhas zonas desta capa poden producirse movementos moi violentos que reciben o nome de terremotos. ➁ O manto: é a capa intermedia, ten unha temperatura máis elevada que a codia e nalgunhas zonas atópanse rochas fundidas que reciben o nome de magma. Nesta capa orixínanse os volcáns que levan parte dese magma á superficie terrestre.➂ O núcleo: é a capa máis interna, está formada por ferro e outros metais con temperaturas moi elevadas.