2.- A auga salgada:


A auga salgada atopámola en mares e océanos. Os océanos son máis grandes e profundos que os mares. Pola contra os mares son máis salgados que os oceános.

Na Terra hai cinco océanos; o Océano Pacífico é o máis extenso e profundo mentres que o Ártico é o menor. O Atlántico baña as costas da Coruña e Pontevedra. O Índico atópase entre África e Oceanía e o Antártico atópase no polo sur bañando a Antártida.

En canto aos mares podemos clasificalos en tres grandes grupos:
➀ Litorais ou costeiros: rodean distintos continentes como o Mar Cantábrico que baña a costa da Coruña, Lugo e as comunidades de Asturias, Cantabria e o País Vasco.
➁ Continentais: atópanse nun mesmo continente rodeados de terra por todas partes menos por un estreito onde se comunican cun océano, como fai o Mediterráneo polo estreito de Xibraltar.
➂ Interiores ou cerrados: máis pequenos que os outros, como o Mar Caspio, ao non estar en contacto con outros mares as súas augas son cada vez máis salgadas e máis densas como ocorre no Mar Morto, onde é moito máis difícil afundirse.

A

L

C