1.- A hidrosfera:


É como chamamos a toda a a auga que hai na Terra. Aproximadamente ocupa tres cuartas partes da súa superficie.

Na Terra sempre hai a mesma cantidade de auga que pasa dun lugar a outro. A auga de mares, océanos e ríos estase evaporando constantemente, así a auga pasa de estar en estado líquido a gasoso nas nubes, logo prodúcese a condensación, onde o vapor de auga das nubes convértese en auga líquida e prodúcense as precipitacións, que poden ser en estado líquido, chuvias, ou en estado sólido, neve ou saraiba. A auga que se filtra polo solo acaba, xunto coa que chega a regatos e ríos, noutros ríos ou en mares e océanos, esta sería a parte do transporte deste proceso ao que se chama ciclo da auga.

L

C