A folla de cálculo.
Un dos moitos tipos de programas que podemos atopar no noso ordenador son as follas de cálculo, que, como xa viches na anterior unidade, serven para crear gráficos de barras (e de outros tipos). Agora vamos a ver a utilidade para a cal foron creados estes tipos de programas, precisamente, como o seu nome indica, para realizar cálculos.
Fíxate no seguinte gráfico onde se explica como conseguir que o propio programa realice unha suma de varias celas automaticamente.Ao escribir =SUMA(C5:C8) e logo premer en enter estamos indicando ao programa que o contido desta cela sera igual á suma dende a cela C5 ata (indicámolo cos dous puntos) a C8. Tamén poderíamos haber escrito =C5+C6+C7+C8.Fíxate, para realizar un cálculo nunha cela debemos de empezar polo signo =. Lembra que en informática a multiplicación represéntase co "*" e que a división emprégase a raia de fracción "/".