6.- A conservación dos ecosistemas:


Cando desaparece ou diminúe considerablemente o número de individuos dun determinado ser vivo isto afecta a todos os seres vivos do ecosistema, así se desaparecen as plantas os herbívoros non terán que comer e haberá menos o que fará que os carnívoros tamén se vexan afectados ao diminuír tamén o seu alimento. As principais causas de deterioro dun ecosistema son a contaminación, a deforestación e a sobreexplotación.

➀ Contaminación: pode afectar tanto a auga como ao aire principais necesidades vitais dos seres vivos.
➁ Deforestación: é a perda das plantas dun ecosistema, por exemplo cando se fan talas masivas de árbores nun bosque.
➂ Sobreexplotación: cando se extraen máis seres vivos dun ecosistema que os que pode producir, ocorre se se pescan cantidades tan grandes que impiden que a especie pescada poda reproducirse e seguir tendo o mesmo número de individuos Ocorre tamén cando cortamos máis árbores das que nacen ou plantamos nun determinado espazo.

A

L