5.- Relacións alimentarias:


Estas relacións establécense debido a que uns seres vivos se alimentan doutros. Por exemplo, os herbívoros precisan dos vexetais para poder alimentarse. Os herbívoros son , a súa vez, o alimento dos carnívoros. En canto ás relacións alimentarias podemos establecer dous grupos:

➀ Produtores: fabrican o seu propio alimento como as plantas e as algas.
➁ Consumidores: son todos os animais ao alimentarse doutros seres vivos. Se se alimentan de plantas ou algas falamos de consumidores primarios mentres que se se alimentan doutros seres vivos son consumidores secundarios.

A hora de representar estas relacións alimentarias facémolo mediante cadeas alimentarias nas que se representan os distintos seres vivos que se unen con frechas con outros seres vivos que se alimentan de eles.

A

L

C