4.- Relacións entre os seres vivos dun ecosistema:
Todos os seres vivos dun ecosistema relaciónanse:➀ Con individuos da mesma especie: uns animais acostuman a vivir en grupos, como as sardiñas que forma bancos. Moitos necesitan cuidar das súas crías ata unha determinada idade. Estas relacións entre individuos da mesma especie facilita a reprodución, a protección e alimentación.
➁ Con individuos de distinta especie: hai plantas que viven sobre outras, como as enredadeiras. Algunhas plantas teñen as súas flores con néctar do que se alimentan diversos insectos e estes axudan á planta a reproducirse. A rémora é un peixe que se adhire aos tiburóns, ao alimentarse de parasitos do tiburón este obtén o beneficio da eliminación destes parasitos mentres que a rémora obtén protección ao mesmo tempo que usa como medio de transporte ao tiburón. Non obstante a maior parte das relacións que se dan entre especies son as alimentarias ao servir uns seres vivos de alimento doutros seres vivos.