3.- Tipos de ecosistemas:


A maior parte dos ecosistemas poden clasificarse en dous grandes grupos: acuáticos ou terrestres.

➀ Acuáticos: o elemento principal é a auga e inflúen a cantidade de luz, a temperatura o a composición da propia auga. Podemos facer dous grandes grupos, os de auga doce, como ríos, lagoas ou lagos e os de auga salgada, como mares e océanos. Existen outros tipos onde os dous tipos de augas se mesturan como son as rías e as marismas que constitúen tamén ecosistemas.

➁ Terrestres: moi influenciados polo clima, auga e cantidade de luz temos bosques, con gran cantidade de árbores; pradarías, con gran cantidade de herba e de herbívoros; desertos, con moi poucos seres vivos. Existen tamén outros ecosistemas terrestres como as ribeiras dos ríos nos que hai unha parte acuática moi importante.

A

L

C