2.- Os ecosistemas:


Un ecosistema é o formado por un medio físico e os seres vivos que o habitan. Por exemplo unha fraga, na que hai plantas, animais, solo, un determinado clima, aire... é un dos moitos ecosistemas que existen na Terra.

Nos ecosistemas existen dous tipos de compoñentes: vivos e inertes.

➀ Os inertes: como o solo, aire, luz do Sol, auga, vento, temperatura... Factores como o clima ou o tipo de solo inflúe moito no tipo de vexetación que hai e, en función do tipo de vexetación, haberá uns ou outros seres vivos.
➁ Os vivos: son animais e plantas e outros seres vivos como fungos, bacterias ou algas.

Os ecosistemas poden ser tan pequenos como unha charca ou un tronco de árbore ata tan grandes como unha selva ou a sabana.

A

L

C