1.- O medio físico:


O merlo acostuma a facer o seu niño, con forma de cunca, en árbores como os piñeiros aínda que tamén o pode facer en balcóns ou baixo o teito de invernadoiros.
Todos os seres vivos teñen unhas necesidades para vivir, así hai plantas, como os salgueiros, que precisan de moita auga polo que viven a carón dun río ou en lugares húmidos; hai animais, como moitas aves, que precisan árbores para construír nelas os seus niños. Outros necesitan dunha cantidade importante de luz e/ou calor como os cactos ou algún tipo de serpe.


O espazo que ocupan estes seres vivos e as súas características como o clima, a humidade, a temperatura, cantidade de luz ou relevo é o medio físico. Cada ser vivo procura habitar o medio físico que poda satisfacer as súas necesidades.

O medio físico pode ser aéreo, terrestre (bosques, selvas, prados, desertos...) ou acuático (charca, lagoa, río, ría, mar...).

L

C