Os tipos de contos:


Existen dous tipos de contos: os populares e os literarios.

➀ Populares: soe ser breve e é uha narración que foi transmitida de xeración en xeración de xeito oral. Soen caracterizarse por narrar feitos imaxinarios que teñen unha mensaxe detrás. Acostuma a haber varias versións do mesmo conto.

➁ Literarios: ao contrario que os populares, este tipo de contos foi transmitido de xeito escrito e teñen un autor que soe ser coñecido.

Dentro dos contos hai distintos tipos ou subxéneros como os contos de fadas, de suspense, históricos, de aventuras...