3.- O traballo final:

Vamos a organizarnos en grupos de non máis de tres persoas. Cada grupo escollerá un ecosistema. Na seguinte lista propóñense algúns pero podedes facer o voso traballo sobre outro que non se atope aquí:

Ría, marisma, ribeira dun río, bosque, sabana, páramo, tronco dunha árbore caída, charca, polos, deserto, selva...

Coa información obtida elaboraredes un póster nos que, de xeito gráfico, se amosen as distintas características do ecosistema elixido. O traballo poderá ser realizado na mesma unidade con medios dixitais ou “en papel”. Neste caso o tamaño máximo será unha cartolina (por unha cara).

Como sempre, lembrade que este traballo deberá de ser exposto ao resto da clase, polo que será importante que os datos máis relevantes estean facilmente localizables.