2.- A pescuda:

Poderás empregar Internet, libros de consulta, enciclopedias ou calquera recurso do que poidas extraer a información, esa información debe de ser breve, concisa e moi clara xa que serás ti quen lle explique ao resto da clase o teu traballo. Se podes, contrasta que noutros lugares, outras páxinas de internet, unha enciclopedia, etc aparece a mesma información.

Deberedes de buscar información sobre o ecosistema que elixades, analizando todos os elementos que o compoñen, compoñentes inertes, compoñentes vivos, relacións, como as alimentarias, que se establecen entre todos os membros e o tipo de ecosistema que é. Toda esta información debedes de organizala de xeito que se poda ver nun póster (unha cartolina, por unha cara, como máximo).

Dado que vamos a elaborar unha especie de póster prestade atención tamén ás imaxes e gráficos que podedes engadir ao voso traballo.