1.- Introdución:
Como acabamos de estudar un determinado medio físico está habitado por un conxunto de seres vivos influenciados polas distintas relacións que entre eles se establecen así como polos compoñentes inertes que tamén o forman, como o clima ou o tipo de solo. A todo este conxunto, como xa sabes chamámoslle ecosistema.

O seu coñecemento e coidado é moi importante para a protección da natureza, evitar a desaparición de especies ou evitar ou paliar os efectos dos desastres naturais, por iso, neste traballo vamos a centrar o noso esforzo en coñecer un ecosistema e exporllo ao resto da clase.