Saltar navegación

Avaliación formativa con eXeLearning

Neste último apartado imos insistir nun aspecto importante á hora de crear unha secuencia didáctica: a avaliación. eXeLearning ofrece diversas formas para planificar e reforzar unha avaliación formativa no proceso de aprendizaxe. Para iso, podemos utilizar esta ferramenta de diferentes formas:

Avaliación con eXe
Adaptado de CeDeC. Avaliación con eXe (CC BY-SA)

As actividades para avaliar que se poden incluír en eXeLearning agrúpanse en tres bloques:

1. Actividades de autoavaliación

eXeLearning ofrece unha variedade de actividades de autoavaliación que servirán ao alumnado para comprobar o seu proceso de aprendizaxe. É moi interesante incluír este tipo de avaliación para que o alumnado sexa consciente do punto no que se atopa, favorecendo a competencia de aprender a aprender.

En eXe dispoñemosmos das seguintes actividades:

  • Actividade GeoGebra
  • Actividade de encher ocos
  • Actividade despregable
  • Preguntas de escolla única
  • Preguntas de escolla múltiple
  • Lista desordenada
  • Preguntas Verdadeiro — Falso
  • Test SCORM
  • Vídeo interactivo
  • Xogos
  • Informe de progreso
  • Lista de cotexo
2. Actividades de avaliación con rexistro de cualificación

Como comentamos anteriormente, eXeLearning é unha ferramenta de autor para a xeración de contidos interactivos. Isto significa que os materiais creados con eXe poden publicarse en espazos ou plataformas webs, pero tamén nun LMS como Moodle por exemplo.

Algunhas das actividades interactivas nomeadas anteriormente poden deixar rexistrada a nota no libro de cualificacións de Moodle, co que poderiamos engadir unha cualificación ao proceso de avaliación que levamos a cabo. Estas actividades que deixan rexistro de notas en Moodle (exportando o material como SCORM 1.2) son:

  • Actividade GeoGebra
  • Test SCORM
  • Vídeo interactivo
  • Todos dos xogos
3. Avaliación de tarefas a desenvolver polo alumnado

No caso de que decidamos avaliar unha creación do alumnado, debemos utilizar algún instrumento de avaliación que ademais lles sirva de guía para a realización da tarefa. Podemos ofrecer estes instrumentos de distintas formas:

  • Incorporar a rúbrica como unha imaxe. Podemos incorporar a imaxe nun tamaño que facilite a súa lectura ou podemos utilizar o efecto “lightbox” para que se amplíe ao premer sobre ela.
  • Incorporar a rúbrica como un documento. Tamén podemos incorporar o instrumento de avaliación como un documento adxunto (imaxe, PDF, documento de texto…) que se descargará no noso equipo ao premer.
  • Incorporar o iDevice Rúbrica. eXe ofrécenos un bloque específico para crear rúbricas de avaliación. Neste caso, temos a posibilidade de usar a rúbrica directamente desde o noso recurso, xerando un PDF individual coa avaliación e cualificación de cada alumno.
  • Informe de progreso. Este iDevice permite mostrar os resultados obtidos polo alumnado nas actividades asociadas a este informe e a súa nota media.
  • A Lista de cotexo permite introducir unha lista de cotexo para ofrecer unha listaxe estruturada e fácil de entender das actividades propostas ao longo do recurso educativo.
  • Incorporar unha ligazón a un sitio externo. Por último, tamén podemos engadir unha ligazón a un instrumento de avaliación aloxado noutro espazo ou plataforma da web. Neste caso, lembremos que se o alumnado non ten conexión a Internet, non podería acceder a estes documentos.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)