Saltar navegación

Elementos de edición avanzada en cREAgal

Icona de identificación da casa nun xogoUnha vez coñecidos os aspectos básicos da edición en eXeLearning, imos abordar algúns elementos un pouco máis avanzados para ampliar as posibilidades de edición e mellorar o aspecto dos nosos REA. Neste módulo ocuparémonos da maquetaxe de glosarios, créditos dos recursos multimedia e táboas. Tamén veremos como empregar o iDevice GeoGebra e todas os recursos que ofrece eXe para escribir fórmulas matemáticas.

Nas últimas dúas seccións queremos destacar as actividades, que ofrece eXe,  equivalentes a moitas de H5P (ao tratarse dunha ferramenta coñecida por boa parte do profesorado). Finalmente, presentamos notas para o uso de alfabetos non latinos, de utilidade en materias como Grego, que, se ben non son materias dos REA desta edición, poden ser de interese para algúns docentes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)