Saltar navegación

Edición básica en eXeLearning

Vimos como crear un recurso básico con eXeLearning, creando unha estrutura e incluíndo textos, ligazóns, imaxes, materiais incrustados... Porén, eXeLearning permítenos engadir outro tipo de elementos que enriquezan o recurso, favorecendo un aspecto máis atractivo e interactivo.

Infografía que resume o texto
Cedec. Enriquecer un proxecto educativo (CC BY-SA)

Como podemos enriquecer os nosos proxectos educativos con eXeLearning?

A orixinalidade de eXeLearning reside nas súas calidades técnicas polo feito de ser aberto, gratuíto e multiplataforma, xa que permite a creación de contidos educativos dixitais que se poden exportar a varios formatos sen coñecer a linguaxe de programación. Pero ademais destas calidades intrínsecas, a ferramenta ofrece recursos para un deseño orixinal, enriquecendo a aparencia do contido que creamos:

  • Facilidade para dividir, cortar e unir ou mesturar calquera proxecto coa función de exportación/importación da páxina.
  • Efectos atractivos que dinamizan a presentación de contidos.
  • Posibilidade de ocultar información en listas despregables, para ofrecer un acabado máis limpo e ordenado.
  • Globos de axuda (ToolTip) sobre palabras ou imaxes en forma de burbulla.
  • Ampliación da información sobre imaxes ou textos co efecto Lightbox.
  • Incorporación de un mapa mental.
  • Gravación de audio.
  • Optimización da imaxe.
  • Variedade de actividades interactivas: GeoGebra, lista desordenada, pregunta de escolla única, selección múltiple e verdadeiro-falso, encher ocos, vídeo interactivo...
  • Posibilidade de engadir anexos.
  • Posibilidade de descargar o ficheiro fonte do propio recurso, para modificalo a vontade.

No caso dos REA, este último aspecto é determinante xa que, como vimos, canto máis fácil sexa modificar o recurso, máis aberto estará.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)