3. Os Bloques nos blogs do centro

Ao contrario dos blogs onde os contidos categorízanse con tags ou etiquetas polos propios usuarios mentras crean o contido, a páxina web do centro emprega menús taxonomizados ou categorizados.

contidos etiquetados con tags

bloques procedentes de menús taxonomizados

Algún dos menús taxonomizados mais habituais nas webs dos centros educativos son: Secretaría, O Centro, Biblioteca, Actividades Escolares...etc

O funcionamento é moi sinxelo: un usuario editor crea un contido páxina, elixe entre as categorías dispoñibles, aquela onde o quere publicar, escribe o contido e o envia.

Os menús taxonomizadas crean automáticamente un bloque asociado ao menú que pode visualizarse na páxina de administración de bloques:

  • ruta para o administrador: Administrar->Construcción da páxina -> Bloques
  • ruta para o autor do blog: Bloque de navegación -> Bloques

Os bloques asociados a menús taxonomizados (bloques oficiais da web do centro) non son editables nin se poden eliminar (só o administrador pode facelo) pero poden activarse e decidir a súa ubicación (columna da dereita, da esquerda, cabeceira..etc) e asignarlles un peso.

Estas últimas características: activación (para que se podan visualizar) e colocación nunha rexión (xeralmente nas columnas laterais), e peso, son particulares para cada plantilla ou tema, polo que a visualización dos bloques configúrase de xeito independente segundo o tema empregado.

Na seguinte imaxe se amosa a configuración dos bloques da páxina xeral dun centro (a plantilla empregada para web xeral é newflash neste exemplo)

bloques da web

A web visualizaríase así con esa configuración:

visualización da web xeral


Na seguinte imaxe se amosa a configuración dos bloques dun dos blogs do centro anterior. A plantilla empregada nese blog é dreamy.

configuración dos bloques do blog

Con esa configuración o blog visualizaríase así (neste exemplo o blog emprega a plantilla dreamy)

visualización do blog

Como se pode apreciar nas imaxes ao empregar plantillas diferentes para cada blog e para a web do centro temos a vantaxe de poder configurar con facilidade os bloques tanto para a web xeral como para cada un dos blogs sen que a configuración duns interfira na configuración dos outros.

Bloques que deben estar presentes en todas as páxinas, independentemente da plantilla empregada

Os bloques que deben estar presentes (activos e visibles) en TODAS as plantillas son:

  • o bloque de inicio de sesión (ou a súa variante bloque de incio de sesión 2)
  • o bloque de navegación.
En caso contrario nos atoparíamos con que ao cambiar a plantilla empregada non poderiamos acceder á páxina ou a súa administración.

Esta consideración é importante para todos os administradores e tamén para os autores de blog.