Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado
Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado
Indicacións sobre como administrar, xestionar e enviar comentarios a unha entrada ou artigo dun blog.

"Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
3. Comentarios moderados
Se o profesor que xestiona o blog e o administrador da web do centro así o deciden os comentarios enviados polos alumnos poden ser moderados.
O funcionamento é o seguinte:
- Un alumno (que iniciou sesión co seu usario e contrasinal) envía un comentario dun artigo publicado no blog
- Ese comentario NON se “ve” aínda na páxina
- O profesor recibe un e-mail informándolle do envio dos alumnos
- O profesor inicia sesión na páxina e revisa os comentarios, pode corrixilos, modificalos ou eliminalos e decide se os publica ou non.
- Unha vez que o profesor decide publicalo o comentario visualízase na páxina.
Podedes ver un exemplo neste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/leo
Xestión dos comentarios
Unha vez os alumnos envían os seus comentarios estes pasan a unha cola de moderación que será xestionada polo profesor.Para acceder á cola de moderación debemos ir ao enlace "comentarios" dispoñible no bloque de navegación (Ver imaxe)

Na nova xanela que se abre poderemos ver os comentarios que aínda non foron revisados, tendo a posibilidade de editalos, modificalos e se así o decidimos, publicalos.
Sempre podemos ir a ver os comentarios xa publicados e novamente editalos e se así o desexamos retiralos (nese caso volverían a cola de aprobación novamente) ou incluso eliminalos por completo.
Nota: A opción de borrar non se pode desfacer, unha vez eliminado un comentario non se pode recuperar.