Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado
Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado
Indicacións sobre como administrar, xestionar e enviar comentarios a unha entrada ou artigo dun blog.

"Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
2. Participación do alumnado nos blogs
Se o administrador da páxina e o profesor que xestiona o blog así o consideran os alumnos poden escribir nos blogs.
Son espazos colaborativos e irán crecendo na medida na que poidan expresarse neles os alumnos e interactuando cos contidos.
En xeral están pensados para ser blogues de aula ou de materia, os facemos por, con e para os alumnos, pero sobre todo deberiamos facelos "con" eles.
É normal que ao principio sexa o profesor o único que escribe, pero na medida do posible o profesor irá incentivando aos alumnos a que participen activamente.Os alumnos poden participar nos blogs de dous xeitos diferentes:
- O mais habitual e que o fagan comentando ou posteando as entradas publicadas polo profesor. É dicir o profesor publica un artigo ou entrada (algo de interese para a aula, ou sobre o que estean a traballar na clase eses días) e deixa aberta a opción de lectura/escritura de comentarios.
Os alumnos leen o artigo, inician sesión co seu propio usuario e contrasinal (pertencente ao rol de alumnado) e envían o seu comentario ou post. Se teñen permisos para enviar comentarios sen aprobación este aparecerá inmediatamente debaixo do artigo (como fíos dunha conversación). Se os comentarios son moderados o profesor deberá aprobalos primeiro antes de que se publiquen.
Podedes ver un exemplo de blog con contidos moderados neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/leo
- Outra posibilidade diferente é que o profesor e os alumnos traballen conxuntamente na edición do blog, tanto artigos como comentarios. Neste último caso os datos de usuario e contrasinal terían que ser facilitados polo profesor aos alumnos que vaian a traballar na edición do blog, polo que require un nivel de madurez e confianza dos alumnos implicados.
Podedes ver un exemplo de blog con contidos moderados neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/trasnos_brigantinos