Curso: Castro Caldelas 2.0, Section: RENOVABLES | AVR

Main course page
  • General

    CASTRO CALDELAS 2.0


    A través das unidades deste curso afondaremos no coñecemento da riqueza que encerran as terras da comarca de Caldelas.

    • Todas as novas que teña o curso se irán expondo neste taboeiro. Cómpre que lle botes unha ollada con certa frecuencia para estar ao día da materia.
    • Todo aquelo que non entendas da materia ou as dúbidas que che xurdan no traballo da mesma podes prantexalas aquí. Un profesor/a respostarache o máis axiña posible.

RENOVABLES

  • RENOVABLES




    • 1. INTRODUCCIÓN


      Tradicionalmente aproveitábase a enerxía dos cauces dos ríos para a súa transformación en enerxía mecánica, utilizada principalmente para moer o grao . Posteriormente, istes usos foron derivando hacia as denominadas centrais hidroeléctircas, que levan a cabo unha posterior transformación en enerxía eléctrica para o autoconsumo e, paulatinamente, a inxeción na rede eléctrica.

      muíño río Edo (Castro Caldelas)

      Muíño no Río Edo, en Alais (Castro Caldelas)

      A provincia de Ourense está a  cabeza no uso de enerxías renovables en Galicia, especialmente gracias o tirón da producción de  enerxía hidráulica, según os datos facilitados por o Instituto Enerxético de Galicia.

    • 2. DESCRICIÓN DAS CENTRAIS HIDRAÚLICAS

      2. 1 TIPOS
      De forma xeral, podense distinguir tres tipos de aproveitamentos hidroeléctricos:

      • Centrais de embalse :acumulan auga para a súa posterior utilización en xeración eléctrica
      • Centrais fluintes: xeneran electricidade de unha forma continua, a medida que existe caudal dispoñible, sin acumulación
      • Centrales de bombeo: consisten en bombear auga a niveis superiores en los momentos de excedentes de electricidade – con baixo coste – para posteriormente aproveitala nos momentos de elevado consumo eléctrico

      Por convenio, dentro dos aproveitamentos hidráulicos para a xeración de enerxía eléctrica distinguense:

      •  Grandes centrais: os que teñen unha potencia instalada de más de 10 MW
      •  Minicentrais: os que teñen unha potencia instalada menor de 10 MW

      As Terras de Caldelas contan con centrais, destes doús tipos

    • 2.2 COMPOÑENTES

      Os compoñentes fundamentais que conforman as centrais hidroeléctricas,imos dividilos en doús grupos.O primeiro, que consta de todo tipo de obras, equipos, etc., e ten por fin almacenar e encauzar a auga, nas debidas condicions, para conseguir posteriormente unha acción mecánica.

      -  Embalse         
      -  Tomas e Depósitos de carga.
      -  Presa e Aliviadeiros.
      -  Canales, túneles e galerías.
      -  Tuberías forzadas.
      -  Chimeneas de equilibrio.


      O segundo conxunto engloba os edificios, equipos, sistemas, etc., mediante os cales, e despois das sucesivas transformacion da enerxía, cheegamos a obtener a energía eléctrica.
      -  Turbinas.
      - Alternadores.
      - Transformadores.
      - Medios auxiliares


    • 2.3 TIPOS DE TURBINAS

      •  Turbina Francis foi desarrollada en 1848 por o inxenieiro francés James B. Francis e trátase do tipo de turbina hidráulica más utilizado. Utilízase para saltos de altura media (de 10 a 300/400 metros) e caudales de auga de 2 a 100 m3/s
      • Turbina Kaplan, viu a luz en 1913 gracias o profesor austriaco Viktor Kaplan. Segue o principio das hélices dun barco. Ten un excelente rendemento en pequenos saltos, pero tamén con grandes variacións no seu caudal (desde 200 metros cúbicos por segundo para subir).
      •  Turbina Pelton foi introducida en 1879 por o carpinteiro e inventor americano Lester Allan Pelton. A turbina Pelton utilízase para grandes saltos (entre 300 y 1400 metros) e caudais de menos de 50 metros cúbicos por segundo, có fin de obter maiores velocidades
    • 3. CENTRALES HIDRÁULICAS NAS TERRAS DE CALDELAS

      3.1 MINICENTRAIS

      • C.H. RÍO EDO
      Central río Edo


    • CARACTERÍSTICAS

      - Potencia generada: 1.000kw
      - Propietario: Eléctrica del Castro, S.L.
      - Tipo de explotación: fluinte                                          
      - Río: Edo
      - Concello: Castro Caldelas
      - Ano de instalación: 2008




      O aproveitamento consta dun grupo xenerador coas seguintes características básicas:



      - Turbina: Francis de eixe horizontal para 2.800 l/s de caudal máximo e 42,59 m de salto neto nominal e 750r.p.m.

      - Alternador síncrono trifásico de 1100 kW de potencia, con tensión de xeneración a 380 V, 50Hz de frecuencia y 750 r.p.m.

      •  LEBOREIRO

      Presa Leboreiro. Río Mao


    • CARACTERÍSTICAS
      - Potencia xenerada: 2.277kw
      - Propietario: Naturgy Generación
      - Ano de posta en marcha: 1926
      - Río :Mao
      - Concello: Montederramo


      Presa Leboreiro

      HISTORIA
      Durante a dictadura Unión Fenosa recibiu unha concesión para a explotación hidroeléctrica por cen años sobre a conca do Mao. Así construiu dous embalses e varias centrais en la citada conca. O primeiro foi o embalse de Leboreiro, situado 1,5 km río arriba. A presa construiuse en 1949 e alcanzou unha superficie de auga embalsada de 57 ha e unha capacidad de 4 hm3. Localizada no concello de Montederramo. Despois en 1978 acabouse o dos seu afluentes na zona de Edrada (Parada do Sil)

      Presa Leboreiro

      O muro de contención ten 120 metros de largo e unha altura de 27 metros. Funciona por gravedad e desde a presa parte un canal de 1800 metros de longitud que conduce as augas ata a central de Leboreiro situada xunto o antigo Azud de Ivil.

    • Presa en Ivil (Pradomao)


      En Ivil (Pradomao), entre os concellos de Parada do Sil e Montederramo existe un pequeno azud cuia construcción se remonta o ano 1925. Durante a construcción da presa de Leboreiro, concretamente no ano 1947, adecuouse a vella presa para a captación mediante un canal de máis de 4 km que levaría as aguas ata as turbinas da central de Regueiro, a beira do Sil, da cal falaremos no seguinte apartado.
      Capacidad








    • Capacidad de 0.10 hm3
      Tipo de presa :por gravedad.










      Presa en Ivil (Pradomao)


    • 2.2 GRAN HIDRAÚLICA :

      •  REGUEIRO
        
      Central de Reguiro, a beira do río Sil





      CARACTERÍSTICAS

      -Potencia xenerada: 28.640kw
      -Propietario:Naturgy Generación, S.L.U
      -Ano de posta en marcha: 1949
      -Río :Mao
      -Concello: Parada do Sil








      Trátase unha central que funciona por gravidade con :
      - Superficie del embalse (ha):57 ha
      - Capacidad (hm3):4 hm3
      - Cota nivel máximo (m):860 m
      - Tipo de turbina : Pelton (necesita pouco caudal)
    • HISTORIA
      A central inicialmente estaba localizado na conocida como “A Fábrica da luz”, sendo unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas construídas en Galicia.
      Entre os anos 1914-1916, construíuse a chamada “A canle vella” para canalizar a auga procedente do río Mao e levala ata ela A empresa que levou acabo es hito tecnolóxico chamábase La Gallega, pasando posteriormente a ser propiedade de Unión Fenosa.
      Esta primeira central en tempos, suministrou electricidade a Monforte e a capital ourensana, as localidades de esta parte da Ribeira Sacra. A súa construcción deu ocupación a un gran número de veciños das parroquias da zona, estando en pleno funcionamento ata ben entrado o século XX








    • Como xa comentamos a partir de 1947 adecuóuse a vella presa de Ivil para unha nova canalización, “A canle nova “ e comenzaría a construcción da central de Regueiro . A nova canalización descarga directamente no Sil