• Destacado
    • Comunícase ás nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2023-2024 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 19 de  maio 2023).

      PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As familias dispoñen de prazo do 20 de  maio  ata o 21 de xuño de 2023 para presentar as correspondentes solicitudes.

      As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

      Ou presencialmente, na secretaría do centro, en horario de 8:50  a 14:10

      BENEFICIARIOS: Alumnado de Educación primaria, Educación secundaria e Educación especial  matriculado no curso 2023 /2024 en centros sostidos con fondos públicos.

      MODALIDADES:

      Libros de texto : 

      • Axudas para a adquisición de libros de texto para o alumnado de  1º e  2º de Educación primaria ( Vale de 240€ para  as familias cunha renda per cápita  igual ou inferior a 6.000 euros. ou  un vale de 160€ para as rendas entre 6000 e 10000€)
      • Fondo de libros de texto para o alumnado de  3º e 4º  de Educación Primaria.

             O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º,2º,3º e 4º de Educación Secundaria só pode solicitar o Vale de Material xa que está implantado no centro o proxecto E-Dixgal para eses    cursos.

        Axudas de material:

      • Axudas de material: Vale de 75€ para  as familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros. E  un vale de 60€ para as rendas entre 6000 e 10000€

      Nota: No caso de presentación electrónica faise unha solicitude por cada alumno/a e no caso de presentación presencial a solicitude é única para tódolos fillos/as admitidos no mesmo centro docente.

      Os enlaces son:

       Artigo 4: Membros computables da unidade familiar:

      1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

      a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

      b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.

      c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados cando teñan modificada xudicialmente a súa capacidade xurídica mediante a constitución de curatela representativa ou cando estean suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

      d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

      e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

      f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

      2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

      3. Non terá a consideración de membro computable:

      a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

      b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

      DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

      • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
      • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
      • Poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

      -          Certificado ou volante de convivencia.

      -          Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

      • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
      • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
      • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
      • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
      • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

       COMPROBACIÓN DE DATOS:

      Os documentos relacionados serán obxecto de consulta polas administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente dos  Anexos I e II e achegar unha copia dos documentos.

      DNI ou NIE de tódolos membros da unidade familiar.

      Certificado de discapacidade expedido pola Administración Autonómica.

      Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou invalidez ou equivalente de clase pasivas.

      Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2021.