Foro de novas

Actividade para a semana do 18 ao 24 de maio

Actividade para a semana do 18 ao 24 de maio

por Mar Sueiro -
Número de respostas: 0

Boa tarde a todas e todos, 

Comezamos tema novo, arredor da figura de Ludwig van Beethoven. 

Tedes unha breve información sobre Beethoven e o momento histórico no que viviu e a continuación unha tarefa que consiste en visionar un documental sobre a súa vida e responder a un cuestionario. Para maior comodidade e poder ir apuntando a resposta ás preguntas mentres visionades a película, tedes o cuestionario en pdf na mesma unidade. 

O cuestionario debedes respondelo na tarefa da aula virtual, tal e como fixemos ata agora. 

Espero que o desfrutedes. 

Para calquera aclaración ou dúbida, escribide a este foro ou ao meu correo electrónico ou whatsap.

 

Apertas, 

 

Mar