Música instrumental no clasicismo
| Sitio: | Aula virtual do CPI de San Vicente |
| Curso: | MÚSICA 3º ESO |
| Libro: | Música instrumental no clasicismo |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | sábado, 10 de xaneiro de 2026, 1:11 AM |
Descrición
Apuntes sobre as novas formas de composición de música instrumental no Clasicismo.
1. A FORMA SONATA
A sonata é unha forma de estruturar e desenvolver os TEMAS MUSICAIS (ou melodías) nunha composición musical.
É coma un molde a partir do cal o compositor constrúe diferentes tipos de composicións.
Se o comparamos coa literatura, é coma unha forma estrófica. Se un poeta quere escribir un soneto, sabe que debe respectar a súa estrutura fixa: 2 cuartetos e 2 tercetos, versos endecasílabos,rima ABBA, ABBA, BCB CDC, pero os temas dos seus sonetos poden ser completamente diferentes uns dos outros.
A forma de SONATA é algo semellante. O compositor ten que axustarse a unha estrutura fixa, pero as melodías ou temas musicais de cada sonata son completamente diferentes.
A súa estrutura ten 3 partes e é a seguinte:

Na EXPOSICIÓN: O compositor presenta os dous temas musicais, A e B, contrastantes entre sí e separados por unha ponte. Despois de presentalos conclúe cunha parte final ou CODA.
No DESENVOLVEMENTO: O compositor xoga de xeito libre con motivos melódicos de A e B ou inclúe melodías novas. É a parte máis libre.
Na REEXPOSICIÓN: O compositor reexpone, é dicir, repite, os temas iniciais A e B.
Agora escoita esta Sonata para piano de Mozart e presta atención á súa estrutura:
Esta forma de sonata pode empregarse en distintas composicións musicais para instrumentos ou grupos de instrumentos distintos.
Segundo o instrumento ou grupo de instrumentos para os que estea escrita, cambia de nome:
Así, se a composición é para un instrumento só ou un dúo, denomínase SONATA.
Se é para 2 violíns, viola e violonchelo, denomínase CUARTETO.
Se é para orquestra denomínase SINFONÍA.
Se é para instrumentos solista e orquestra denomínase CONCERTO.

2. A FORMA RONDÓ
A orixe do nome deste tipo de composición ven da palabra francesa rondeau que significa círculo ou roda.
A súa estrutura é sinxela, altérnanse un tema principal A (coma se fose un retrouso) con outros temas musicais en contraste:

Aquí tedes unha coñecidísima peza de Beethoven que ten forma de rondó:
3. A FORMA TEMA CON VARIACIÓNS
Consiste na exposición dun tema principal (moitas veces un tema coñecido ou unha melodía popular) que se repetirá varias veces, pero nunca exactamente igual, senón VARIADO, alterado dalgún xeito.
As variacións poden ser:
- Engadir algún adorno
- Cambiar a harmonía
- Cabiar o ritmo
- Cambiar o tempo (a velocidade)
- Cambiar o timbre (que a melodía a interprete outro instrumento ou nun rexistro máis agudo ou grave...)
- Cambiar a textura ...
W. A. Mozart era moi afeccionado a compoñer temas con variacións a partir de melodías de outros compositores que lle gustaban e coas que se divertía xogando.
Neste exemplo, a partir dunha melodía popular, escribiu 12 variacións diferentes para piano: