Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. ALUMNADO
  3. ORIENTACIÓN ACADÉMICA
  4. PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS

Requisitos do completado

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

- Parte sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Parte matemática: matemáticas.

- Parte científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.


    • Modelo exame versión amarela Modelo exame versión amarela
      • Exame ciencias_da_natureza_xuño2020.pdf Exame ciencias_da_natureza_xuño2020.pdf
      • Exame ciencias_sociais_xuño2020.pdf Exame ciencias_sociais_xuño2020.pdf
      • Exame Lingua galega_xuño2020.pdf Exame Lingua galega_xuño2020.pdf
      • Exame Lingua_castelá_xuño2020.pdf Exame Lingua_castelá_xuño2020.pdf
      • Exame Matematicas_xuño2020.pdf Exame Matematicas_xuño2020.pdf
      • Exame Tecnoloxía_xuño2020.pdf Exame Tecnoloxía_xuño2020.pdf
    • Modelos exame versión azul Modelos exame versión azul
      • SOL_GM_ciencias_da_natureza_xuño2020_AZUL.pdf SOL_GM_ciencias_da_natureza_xuño2020_AZUL.pdf
      • SOL_GM_ciencias_sociais_xuño2020_AZUL.pdf SOL_GM_ciencias_sociais_xuño2020_AZUL.pdf
      • SOL_GM_lingua galega_xuño2020_AZUL.pdf SOL_GM_lingua galega_xuño2020_AZUL.pdf
      • SOL_GM_lingua_castelá_xuño2020_AZUL.pdf SOL_GM_lingua_castelá_xuño2020_AZUL.pdf
      • SOL_GM_matematicas_xuño2020_AZUL.pdf SOL_GM_matematicas_xuño2020_AZUL.pdf
      • SOL_GM_tecnoloxía_xuño2020_AZUL.pdf SOL_GM_tecnoloxía_xuño2020_AZUL.pdf
    • Calendario_probas_acceso_2021.pdf Calendario_probas_acceso_2021.pdf
    • Información Probas de acceso a ciclos medios.pdf Información Probas de acceso a ciclos medios.pdf
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle