2.2 A notación científica

No estudo da materia, os científicos estableceron uns límites que van dende o tamaño do núcleo atómico ata o diámetro estimado para o universo. Estes valores son:

  • Tamaño aproximado do núcleo do átomo: 0,000000000000001 m.
  • Diámetro estimado do universo: 100000000000000000000000000 m.

Para evitar o uso dun número excesivo de ceros, que complica a escritura e a lectura destes números, utilízase a chamada notación científica, que consiste en escribilos como potencias de dez.

Exemplo: Estas medidas quedarían da seguinte forma:
0,000 000 000 000 001 m = 10 -15 m
100 000 000 000 000 000 000 000 000 m = 10 26 m

2.2.1 Unidades máis representativas: múltiplos e submúltiplos

Para poder describir fenómenos da natureza, débense realizar medidas de certas magnitudes físicas. Nalgúns casos obtéñense números moi grandes e noutros, moi pequeños.

Para evitar esta situación emprégase a notación científica, pero ademais podemos:

Empregar múltiplos e submúltiplos das unidades do SI, a partir dunha serie de prefixos como os que se mostran na seguinte táboa.

Múltiplos e submúltiplos do SI

Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 12:57 PM