Información básica sobre a notación científica

Para que un número estea expresado correctamente en notación científica, debe cumprir varias condicións:

  • Ter unha soa cifra, distinta de cero, como parte enteira do número, é dicir, antes da coma.
  • Situar as restantes cifras despois da coma.
  • Multiplicar o número anterior por potencias de dez con signo positivo, se o número é grande, e negativo, e é pequeno.

Por exemplo:

0,000 003 507 8 = 3,507 8 · 10-6

Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 12:57 PM