2º DE PRIMARIA UD2 COORDINADOS E EQUILIBRADOS
Iniciamos a segunda unidade didáctica deste curso facendo unha valoración global da coordinación dinámica xeral así coma do equilibrio.
En ase aos resultados das avaliacións iniciais, estamos en disposición de afrontar o traballo que tiñamos plantexado, podendo, seguramente, ir máis aló dos obxectivos iniciais.
No tocante á coordinación, imos a centrarnos na coordinación dinámica xeral, na cal os movementos serán globais, pero tocaremos tamén aspectos da coordianción dinámica segmentaria, tanto óculo pédica coma óculo manual, de cara a ampliar contidos e buscar unha motivación extra no alumnado.
En canto ao equilibrio, pola súa parte, será traballado e equilibrio estático e en base de sustentación estable. A medida que avancemos as clases, introduciremos bases de sustentación máis inestables e remataremos co traballo en equilibrio dinámico, xa que o nivel motriz do grupo é moi bo.