A Biblioteca do CPI de Cova Terreña
1. Benvidos/as

Despois de moitos avatares, unha reforma integral, unha mudanza e polo
medio unha pandemia mundial, Lentiña volve chea de libros á súa nova casiña, a
nosa biblioteca do CPI de Cova Terreña. Despois de moito traballo, os profesores e
profesoras xunto co Equipo de Biblioteca quere darvos a BENVIDA a un novo
espazo amplo, luminoso e agradable, creado con moito agarimo para todos vós.
Aínda que seguimos en construción, desexamos que o gocedes e que poidades
sacarlle o máximo partido.