O pasado día 16 de abril, celebramos a primeira reunión das “ Delegadas da mesa redonda”, unha iniciativa da equipa de EDLG e Biblioteca, que promove a participación do alumnado na toma de decisións do centro.
Así delegados e delegadas de 4º a 6º actuarán como ponte entre os seus compañeiros e compañeiras e o profesorado encargado. Entre as súas funcións destacan a recollida de propostas e suxestións, axuda na organización das actividades e desenvolvemento de distintas celebracións.
Nesta primeira reunión xa foron quen de tomar as primeiras decisións. A organización dos Maios.
Con esta iniciativa, reforzamos o compromiso do centro coa formación dun alumnado participativo, responsable e implicado na mellora da comunidade educativa, o alumnado como axente de cambio.

