Nesta aula virtual atoparás as ligazóns ao material videográfico e tamén gráfico que manexemos na aula. Tamén terás unha ligazón para descargar o libro: Contos de fantasmas no museo, que hai que ler para poder participar na saída didáctica que faremos á cidade de Lugo no mes de maio de 2026. Ademais, disporás dun foro no que poderás preguntar dúbidas que che vaian xurdindo sobre os contidos vistos na aula.