H5P máis que unha ferramenta, é un entorno de traballo web -pode entenderse comaun entorno de traballo na nube-. que de xeito intuitivo imos dando forma as nosas actividades e contidos.
Estes contidos interactivos podemos importalos e exportalos ao noso entorno de traballo (web, blogue, aula virtual) ,
Debemos lembrar que é un contido xerado en linguaxe HTML5 **( HTML5 é unha linguaxe de programación que está na 5ª xeración e que facilita que o contido sexa interpretado polos navegadores web) , polo tanto podemos publicalo de xeito visible nun blogue, web ou plataforma persoal de publicación de contidos.
É importante sinalar , e este complemento está xá instalado tanto nas Aulas Virtuais dos nosos centros educativos, coma no EVA-Edixgal ( Entorno Virtual de Aprendizaxe para os centros Edixgal). Polo que non necesitaremos instalar nada nos nosos ordenadores para poder crear contidos H5P
Neste apartado explicaremos os tres modos de uso principais. Chamarémolos modo H5P.org, modo integrado e modo embebido.
- O modo H5P.org emprégase directamente sobre a plataforma web h5p.org. Para iso debemos rexistrarnos e crear o noso perfil de usuario.
- O modo integrado é o que nos permite traballar directamente no xestor de contido educativo escollido (nos farémolo na Aula Virtual dos nosos centros ou no EVA) . Deste xeito o contido xa ya queda publicado no propio curso que estamos creando.
- O modo embebido é aquel que nos permite preparar as actividades no modo H5P.org ou no modo integrado e a continuación levar o contido incrustando el código html na nosa web ou nas seccións dos cursos da Aula Virtual que nos permitan incrustar códigos HTML
Chega o momento de decidir en que modo imos traballar; será o modo Integrado nas nosas Aulas Virtuais
Todos os que dispoñedes de acceso ás vosas Aulas Virtuales ou EVA, podedes crear contido H5P nas mesmas, e despois embebelo ou incrustalo en calquera outro sitio, ou deixalo como actividade no propio curso da Aula Virtual.
Aqueles que non dispoñades de acceso a Aula Virtual podedes crear o contido en H5P