Tarefa 1.-Avanzar, Retroceder , Xirar...
Práctica 1: Avanzar , Retroceder e xirar a esquerda e dereita.
Unha volta completa de roda (1 rotación) =20 cm a velocidade 150 durante 1 segundo. (orientativo, xa que dependerá do tipo de pavimento sobre o que se mova).
Xiros; se queremos xirar 90º farémolo a velocidade 100 durante 1 segundo (orientativo)
Agora deseñaremos un programa que faga avanzar o noso mBot percorrendo un cadrado ( avanza, xira, avanza ,xira...) Así quedaría o programa para o mBlock na tablet ou móbil, empregando a opción “repetir” Neste caso non hai que indicarlle que pare os motores, estes avanzan o tempo indicado nos bloques respectivos. Proba a programar un rectángulo, triángulo, pentágono, hexágono.... Un bo xeito de traballar a xeometría, polígonos, ángulos...
Práctica 1.2.-Engadelle as luces dun coche de policía
Co seguinte programa (mBlock para PC) ademais de avanzar en cadrado, encenderá os LEDs alternativamente en azul e branco, semellando as luces dun coche de policía.