Unidade didáctica "Iguais. Eu vou ser..." Educando en igualdade.
|
A idea deste proxecto nace da man de dúas nais e un pai que forman parte do Consello Escolar do CEIP Cruceiro de Canido. Do traballo conxunto de moita xente implicada, xorde esta proposta didáctica que se detalla a continuación. Nesta proposta, deséñanse e propóñense diferentes actividades e exercicios para as etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria que foron desenvolvidas no CPI Atios de Valdoviño e que poden servir de guía ou de exemplo para moitos outros centros. Tanto o material gráfico, elaborado polo IES de Leixa de Ferrol, xunto coa proposta didáctica e os diferentes materiais elaborados, serán facilitados a todos aqueles centros interesados para que teñan a oportunidade de traballar un tema tan importante como a igualdade e a prevención da violencia de xénero dentro das aulas, dende un punto de vista curricular a través dunha tarefa integrada |