Esta placa mCore dispón dun LDR (Light Depended Resistor) – Resistencia que depende da luz- que podemos empregar para detectar a luz ambiente. Se empregamos o sensor de luz externo , como o sinal que recibe é ANALÓXICO, debe conectarese a un porto co ID cor NEGRA, no noso caso os portos 3 e 4.

Neste caso pode ser un programa “non autónomo” así que podemos executalo conectado ao porto USB e podemos empregar o comando 

Necesitamos crear unha variable (valor que cambia)

Exemplo 1:Nun comezo crearemos un programa sinxelo que nos permita  mostrar en pantalla o valor numérico da luz ambiente na nosa habitación, que será medida polo sensor de luz de a bordo.

 

O persoaxe (obxecto) do escenario, mostrará o valor da luz ambiente.

Tamén se pode mostrar o valor da luz ambiente na matriz de LEDs.

 O bloque “por siempre” empregámolo para que esteña realizando a medida continuamente.

 

Exemplo 2:  Despertador solar

Cando o sensor de luz de a bordo detecte  valores por riba de 800 (valor estimativo) , emitirá unha nota musical.

Engadimos o bloque condición” SI... ENTONCES.

Empregamos tamén o bloque  “por siempre” para que realice medicións da luz ambiente cada 0,5 segundos (podemos establecer outra espera, que será o retardo en volver a realizar a medición), sen este bloque realizaría unha única medición, e necesitamos que comprobe o valor do sensor continuamente.

Tamén lle pedimos que mostre o valor do sensor na matriz de LEDs.

Exemplo 3:  Encender o alumeado público.

Empregaremos:

  • 2 módulos externos de LEDs, que serán o noso alumeado público (farolas), conectados nos portos 1 e 4
  • O sensor LDR de a bordo
  • O bloque “SI..... ENTONCES.....SINÓ

Deste xeito que cando a iluminación sexa menor de 200, acenderá o alumeado e cando o valor medido polo sensor supere ese valor, apagará os LEDs.

Neste exemplo, a espera entre medicións é de 5 segundos.

Última modificación: sábado, 19 de xaneiro de 2019, 9:50 PM