Práctica 5.1 Sensación térmica

O alumno debe investigar que é a sensación termica e intentar simulala ou explicala empregando o mBot e o mBlock. Para esta tarefa empregaremos o mini-ventilador e o módulo sensor de temperatura.

O alumno simulará un termostato que accionará un motor cando a temperatura dun fluído ou da habitación supere unha temperatura límite prefixada(25ºC). Cando o sensor de temperatura  detecte que esta supera a temperatura prefixada, entón xirará en sentido horario, no caso contrario  o motor pararase.

  • Conectaremos o sensor de temperatura no “slot 1” do adaptador e este ao porto 1 do mBot.
  • Conectaremos o mini-ventilador ao porto 4
  • Crearemos dúas variables chamadas Temperatura e Motor. A variable temperatura mostrará na pantalla a temperatura que mide o sensor. E a variable motor mostrará o estado ON mentres esté encendido o mini-ventilador( tª>25ºC ) e OFF cando a tª<25ºC

Os escenarios e o programa quedarán deste xeito

 

Última modificación: domingo, 23 de decembro de 2018, 9:32 PM