Fragmento dunha novela negra sueca
Requisitos do completado
Fragmento dunha novela negra sueca para ler e algo máis.
Arqueoloxía
Unha vintena de estudantes de arqueoloxía traballaban metodicamente desenterrando o que mil anos antes fora un porto viquingo. Era un traballo duro que requería paciencia.
A holandesa Martina Flochten estaba anasada dentro da súa cuadrícula raspando co cicel entre as pedras e a terra. Traballaba con afán pero con precaución para non estragar os posibles achados coa pequena ferramenta. De cando en cando recollía algunha pedra e gardábaa no caldeiro de plástico negro que tiña ó seu carón.
Agora comezaba o divertido. Despois de dúas semanas de escavacións infructuosas, desde había uns días o seu esforzo estábase vendo recompensado. Atopara varias moedas de prata e abelorios de cristal.
O feito de ter nas súas mans obxectos que non tocara ninguén desde os séculos nove ou dez causáballe sempre unha forte impresión. Deixaba voar a súa fantasía tentando imaxinar como terían vivido naquel lugar: que muller tería levado aqueles abelorios? Quen sería e que pensamentos rondarían pola súa cabeza?
Ninguén o coñece/Mari Jungstedt
ACTIVIDADES