6. Traducindo a plataforma H5P

Cómo traducir a plataforma H5P

Os pasos a seguir para poder traducir do inglés ao castelán ou ao galego a ferramenta H5P, son os indicados a continuación:

Esta opción só é posible si se emprega o navegador Google Chrome, que primeiramente deberemos configurar como se indica.

Configuración de Google Chrome:

1. Acceder á sección Configuración do navegador, tal e como se indica na seguinte imaxe:


2. Das opcións de configuración que aparecen, seleccionar Configuración  avanzada:


3. De entre as opcións que aparecen en Configuración avanzada, seleccionar Idiomas.


4. Neste apartado é onde se poden engadir os idiomas cos que queremos que aparezan por defecto as páxinas en Google Chrome. Para iso, premer Añadir Idiomas.


5. Buscar e seleccionar o idioma que queremos engadir, premer Añadir

6. Unha vez engadido, teremos que establecelo como idioma preferente de tradución, para o cal, debemos premer no botón á dereita do idioma Más acciones


7. Finalmente das opcións que aparecen seleccionar Ofrecer la traducción de páginas en este idioma.

Tradución dunha páxina:

1. En primeiro lugar, premer Engadir unha actividade ou un recurso.

2. Do listado de actividades e recursos, seleccionar H5P Interactive Content e premer Engadir

3. Apararecerá no apartado Editor o listado de recursos que a ferramenta H5P ofrece.

4. Colocar o cursor do rato en calquera parte da páxina e premer o botón dereito do mesmo. Das opción que aparecerán seleccionar Traducir a español/Traducir a gallego (segundo teñamos configurado Google Chrome)


5. A páxina traducirase automáticamente ao castelán ou ao galego.

NOTA: As indicacións dadas pódense repetir en calquera páxina que requira a súa tradución.