Guía completa de uso de H5P
3. Crear actividades con H5P na Aula Virtual ou EVA Edixgal
1. Traballar con actividades H5P dende o botón de engadir actividades ou recursos de moodle.
Dende a nosa aula virtual podemos crear contidos de forma rápida e asequible. Os contidos en H5P engádense dende o botón de engadir unha actividade ou recurso coa edición activada. 
Unha vez dentro do desplegable de recursos e actividades, temos que seleccionar a actividade H5P ou Interactive Content.
En primeiro lugar, coma en todas as actividades de Moodle, temos un espazo para poñer a descrición e a continuación, aparece o editor coas actividades que temos dispoñibles en H5P.
Se desexamos empregar algunha actividade e non está dispoñible, é importante saber que podemos descargalas.
Polo tanto, primeiro escollemos a actividade que nos interesa e prememos o botón GET
e na seguinte pantalla prememos INSTALL.
Cando xa o teñamos dispoñible aparecerá como DETAILLS.
Deste xeito xa teremos a actividade H5P coa que imos a crear o tipo de contido que nos interesa.
Todas as actividades teñen dispoñible un DEMO no que poderemos ver o tipo de contido que poderemos crear.
Unha vez instalada, aparecerá o botón USE e xa poderemos crear o noso contido.
Cando premamos este botón, aparecerán no editor os distintos valores de configuración da actividade e comezaremos a crear o contido interactivo.