Guía completa de uso de H5P

4. Subir unha actividade dende H5P.org

2. Subir unha actividade H5P creada dende a plataforma https://h5p.org/ creada por nós mesmos ou por terceiros.

Outra forma de engadir contidos interactivos dende o plugin de H5P de moodle é cargar ditos contidos dende un arquivo. Para isto, imos a ver como descargar os contidos H5P.

En primeiro lugar, temos que atopar o contido que nos interesa; neste caso imos a páxina https://h5p.org/

No apartado de examples and downloads podemos descargar contidos de exemplo.



Neste apartado, escollemos un dos tipos de contido; para iste exemplo imos a escoller unha presentación de curso.

Ao picar nela, ábrese o contido interactivo e na xanela de inicio, na parte inferior esquerda vemos tres opcións. Escolleremos REUSE e abrirase unha nova xanela na que poderemos descargar a actividade. O arquivo terá unha extensión .h5p



Unha vez que teñamos o arquivo no noso equipo, xa poderemos subilo á nosa aula virtual do seguinte xeito.


Coa edición activada, engadimos unha actividade H5P ou interactive content.

Na seguinte xanela, dentro do editor do contido interactivo, en vez de crear contido, nesta ocasión seleccionamos UPLOAD.


Desta forma xurdirá a pantalla co botón UPLOAD A FILE a través do cal poderemos subir o arquivo do contido que queremos engadir.

Seleccionamos o arquivo e na seguinte xanela prememos USE.


Agora xa teremos cargada a actividade e só teremos que configurar as opcións da actividade de moodle coma outra actividade calquera. Gardamos e xa quedaría listo.