Guía completa de uso de H5P
6. Traducindo a plataforma H5P
Cómo traducir a plataforma H5P
Os pasos a seguir para poder traducir do inglés ao castelán ou ao galego a ferramenta H5P, son os indicados a continuación:
Esta opción só é posible si se emprega o navegador Google Chrome, que primeiramente deberemos configurar como se indica.
Configuración de Google Chrome:
1. Acceder á sección Configuración do navegador, tal e como se indica na seguinte imaxe:

2. Das opcións de configuración que aparecen, seleccionar Configuración avanzada:

3. De entre as opcións que aparecen en Configuración avanzada, seleccionar Idiomas.
4. Neste apartado é onde se poden engadir os idiomas cos que queremos que aparezan por defecto as páxinas en Google Chrome. Para iso, premer Añadir Idiomas.

5. Buscar e seleccionar o idioma que queremos engadir, premer Añadir
6. Unha vez engadido, teremos que establecelo como idioma preferente de tradución, para o cal, debemos premer no botón á dereita do idioma Más acciones

7. Finalmente das opcións que aparecen seleccionar Ofrecer la traducción de páginas en este idioma.
Tradución dunha páxina:
1. En primeiro lugar, premer Engadir unha actividade ou un recurso.
2. Do listado de actividades e recursos, seleccionar H5P Interactive Content e premer Engadir
3. Apararecerá no apartado Editor o listado de recursos que a ferramenta H5P ofrece.
4. Colocar o cursor do rato en calquera parte da páxina e premer o botón dereito do mesmo. Das opción que aparecerán seleccionar Traducir a español/Traducir a gallego (segundo teñamos configurado Google Chrome)

5. A páxina traducirase automáticamente ao castelán ou ao galego.
NOTA: As indicacións dadas pódense repetir en calquera páxina que requira a súa tradución.