Guía completa de uso de H5P

1. Que é H5P?

H5P é unha plataforma que nos proporciona as ferramentas para crear contidos interactivos e enriquecidos que podemos incluír nas nosas páxinas web ou na nosa aula virtual.

Podemos realizalo tanto dende a propia plataforma de H5P xa que é un tipo de proxecto de código aberto ou podemos crealo co plugin de Moodle.

H5P permite ao docente crear contidos propios máis enriquecidos e intereactivos dunha forma asequible cun nivel adecuado en Moodle.

Con H5P poderemos crear contidos de moi diversos tipos que abranguerán dende actividades de preguntas, información adicional a outros contidos, enriquecemento de recursos xa existentes, xogos etc...