Guía completa de uso de H5P

7. H5P Nivel básico

7.6. Actividade "Find the words" (sopa de letras)


O tipo de contido sopa de letras, permite aos usuarios crear sopas de letras de forma sinxela configurando a serie de palabras que queremos que o alumnado atopen na activiade.

Paso 1: Tema

Podemos configurar a actividade para que o alumnado atopen unha serie de palabras sobre unha temática en concreto tendo a opción de amosar a columna coas palabras que teñen que atopar; ou coma no exemplo de actividade, podemos ir máis alá e pedirlles que atopen unha traducción das palabras requeridas na sopa de letras.

Paso 3: Editor de xogos sopa de letras

Poñemos o nome da actividade e a descrición para as indicacións específicas. Para este exemplo é moi importante xa que na descrición da actividade indicámoslle que teñen que buscar as palabras en idioma galego e na descrición facilitámolas en castelán.

  • Title: título da actividade
  • Task description: explicación de como deberán resolver a actividade (Terás que atopara na sopa de letras a tradución ao galego dos seguintes animais)

Paso 4: Definir a tarefa

Neste paso, teremos que definir a lista de palabras que aparecen na sopa de letras. No cadro word list, engadiremos todas as palabras que queremos que atopen separadas con comas. Para o noso exemplo, deben de ser as traduccións ao galego da lista de palabras que puxemos na descrición da tarefa.

Paso 4: Parámetros da actividade

Aínda que noutras actividades poderemos deixar os parámetros por defecto que veñen no contido, nesta ocasión é importante telos en conta. Se desplegamos a pestana co abecedario, temos opcións de configuración interesantes e no exemplo que poñemos de actividade, faise imprescindible configurar un, que é se mostrar ou non ao alumnado a columna de palabras que teñen que buscar. Neste caso non non interesa que apareza, por isto temos que desmarcala na cela show vocabulary.

Paso 5: Rematar e gardar

Unha vez que teñamos todo ben configurado, gardamos e volvemos. Hai que indicar, que as sopas de letras establecen por defecto o número de columnas e filas que terá o contido en función da lonxitude das palabras a buscar e do seu número, é adaptativa.