Guía completa de uso de H5P
7. H5P Nivel básico
7.5. Preguntas de"múltiple choice" (escolla múltiple)
Titorial da actividade "Preguntas de escolla múltiple"
Este tipo de actividade empregarase para comprobar o coñecemento dun determindao tema, e pode ser unha ferramenta de avaliación útil.
Esta actividade pode ter unha ou varias respostas correctas a cada pregunta.
Podemos empregalas de xeito individual ou formando parte de conxuntos de preguntas, de videos interactivos ou presentacións.
- Tema: imos escoller un tema relacionado co corpo humano
- Creación da pregunta: Seleccionamos "novo contido" "Multiple Choice"
- Aparece o editor de preguntas de elección múltiple
- O contido será a pregunta é as opcións para as posibles respostas que o alumnado poderá escoller.
- No apartado multimedia, podemos engadir ficheiros de imaxe ou video referidos á pregunta. Nos escolleremos a imaxe do esqueleto, que previamente teremos gardada no noso ordenador.
- Engadimos a "question" (pregunta sinxela), relacionada coa imaxe: Cál destes osos se atopa nas extremidades superiores?
- En ADD OPTION (opcións dispoñibles), engadimos as diferentes respostas, tanto correctas como incorrectas, activando a marca daquelas que son correctas (unha ou varias)
- Configuración do comportamento; aquí podemos seleccionar un dos seguintes tipos de preguntas;
- Automático: Se hai varias opcións correctas, comportase coma escolla múltiple e as caixas de verificación móstranse cadradas, se solo hai unha optión correcta, as escollas aparecen coma botóns.
- Escolla única: Aparecen os botóns das diferentes opcións.
Randomize answers activado permite que as opcións de resposta aparezan en orde aleatoria diferente para cada alumno/a.
Gardar e comprobar o resultado