Guía completa de uso de H5P

7. H5P Nivel básico

7.4. Actividade "Fill in the blanks" (encher os ocos)

Encher espazos en branco

Os ocos ou espazos en blanco (cloze) son palabras ou anacos de frases que se eliminan dun texto e pídese ao alumnado que escriba o texto que falta.

É unha actividade axeitada na aprendizaxe de idiomas, xa que avalía a capacidade do alumnado de entender o contexto, o cvocabulario ou conceptos gramaticais, enchendo os espazos en branco.

Tamén se pode empregar para fitos históricos ou conceptos matemáticos.

Tamén se pode usar esta actividade en conxuntos de preguntas, combinada con outras actividades e incluída nos videos interactivos ou presentacións.

Exemplo: Empregaremos datos  coñecidos por todos coma os países e as súas capitais

  1. Descripción da tarefa: Enche os espazos en branco
  2. Bloques de texto: engadiremos  5 bloques diferentes coas seguintes frases:
  • *Madrid* é a capital de España
  • *París* é a capital de Francia
  • *Roma* é a capital de España
  • *Moscú* é a capital de Rusia
  • *Oslo* é a capital de Noruega
Poñemos * antes e despois da palabra que desexamos se convirta en oco.
Se desexamos incluír respostas alternativas  que daríamos por correctas , poñeremos unha barra inclinada: *Madri/madrid* dentro do asterisco.
Se desexamos incluír algunha pista, poñeríamola a continuación de dous puntos sempre antes de pechar co asterisco; *Oslo: onde está o museo dos vikingos* é a capital de Noruega

Video titorial da actividade H5P "encher os ocos"

 

Exemplo de actividade "Fill in the Blanks" (encher os ocos)