OBXECTIVOS DO CURSO ANÁLISE II 6º DE G.P. 

Coñecer os principais elementos e procedementos compositivos das épocas e dos autores, desde o canto gregoriano ata a actualidade, atendendo a un amplo abano de estilos.

Analizar obras dunha crecente complexidade dunha ampla variedade de estilos e de diferentes compositores da práctica tonal atendendo aos parámetros que as compoñen: macroestruturas e microestruturas, proporcións, tonalidade, harmonía (cadencias, acordes e procedementos modulatorios), temática e motívica, textura, ritmo, dinámica, agóxica, tímbrica, articulación, etc.

Sinalar na obra as características dos parámetros que a compoñen conferíndolle unha estética propia do estilo ao que pertence, e comprender a interrelación dos procedementos compositivos de cada época cos tipos de obras que se derivan deles.

Escoitar internamente os tipos de acordes, as fórmulas harmónicas e outros parámetros musicais característicos das obras analizadas.