Achegamento á perspectiva de xénero como obxecto e como suxeito no campo da práctica musical. Xurdimento e desenvolvemento dos estudos de xénero, impacto na reflexión musicolóxica nas últimas décadas e relación cos paradigmas hermenéuticos derivados da posmodernidade. Achegamento aos discursos desenvoltos dende o feminismo clásico ata as teorías críticas, ás categorías sexistas no campo da literatura e a práctica musical: o canon académico, os campos profesionais, a música doméstica, os xéneros musicais, a música popular, a interculturalidade ou a produción e consumo musical, entre outros.